A aplicación do mes: Axenda Cultura

Axenda Cultura

Axenda Cultura é unha das aplicacións máis recentes da Xunta de Galicia e convertirase nun imprescindible no noso móbil. Esta app leva aos nosos dispositivos móbiles todos os eventos que se publican na axenda do portal cultura.gal. Trátase dunha axenda elaborada por diferentes departamentos e que busca reunir nun só espazo toda a programación de eventos culturais organizados pola Administración ou de interese para a cidadanía.

Pódense atopar actividades promovidas pola Secretaría Xeral de Cultura ou de Política Lingüística, Agadic, Museos de Galicia, Arquivos de Galicia, Cidade da Cultura, Rede de Bibliotecas de Galicia e polas bibliotecas públicas das cidades. Tamén atopamos festas de interese turístico.

Que tipo de eventos inclúe? Concertos, espectáculos escénicos, proxeccións audiovisuais, exposicións, obradoiros, xornadas e congresos, festas, feiras, festivais, roteiros, etc.

A aplicación está dispoñible para Android e iOS e permite:

  • Amosar a xeolocalización e a información de como chegar.
  • Consultar os próximos eventos culturais.
  • Buscar eventos por data, lugar, tipoloxía e proximidade.
  • Gardar buscas.
  • Filtrar eventos por tipo de acceso e público ao que van dirixidos.
  • Marcar eventos como favoritos, gardalos no calendario, compartilos, etc.

Os eventos tamén aparecerán en portais como Turismo de Galicia e Lingua.gal, e é posible integrar a axenda en calquera web mediante un widget configurable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.