En Xente Dixital xa compartimos información sobre outras apps da Xunta como MeteoGalicia, abalarMóbil, PcPG-Contratos de Galicia, Museo Centro Gaiás, etc. Desta volta descargamos Botafumeiro R.A. e Botafumeiro R.V. dispoñibles para dispositivos Android.
Botafumeiro R.A. é unha aplicación de realidade aumentada que permite, cunhas gafas de realidade virtual, visualizar unha recreación estereoscópica do botafumeiro da Catedral de Santiago. A app foi desenvolvida por CIS Galicia, centro tecnolóxico dependente da Axencia Galega de Innovación, en colaboración coa Universidade de Santiago.
Froito da mesma colaboración creouse Botafumeiro R.V. Neste caso as gafas de realidade virtual permitiranvos ver o botafumeiro en funcionamento na contorna da Catedral de Santiago.



