A aplicación do mes: Carné Xove

carnexove

Tedes o Carné Xove? Está dispoñible para todas as mozas e mozos de entre 12 e 30 anos. Se queredes saber como facelo, onde empregalo ou como converterse en establecemento adherido, facede clic aquí.

O Carné Xove permítevos obter descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Se sodes usuarios de Android, descargade a app na que podedes consultar información actualizada para tirar o máximo proveito posible do carné. Podedes buscar servizos ou tendas próximas que ofrezan descontos e ofertas. Facede unha busca filtrando localización e tipo de servizo que ofrecen os establecementos.

Ademais, os usuarios recibiredes alertas no móbil ou na tablet sobre novidades, promocións e ofertas. A que agardades para descargala?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.