A web do mes: libraria.xunta.gal

libraria_xunta

En Xente Dixital xa vos falamos da Libraría Institucional de Galicia, unha plataforma que concentra todo o fondo editorial da Administración. Libraria.xunta.gal é a primeira canle de comercio electrónico da Xunta e forma parte da súa estratexia para a dixitalización, catalogación, promoción e difusión do patrimonio cultural galego.

Ides atoparvos cunha web moi sinxela na que navegar a través dun menú no que podedes acceder ás últimas novidades, aos produtos destacados, á listaxe de libros máis vendidos ou á sección de preguntas frecuentes para resolver calquera dúbida.

Afinade a busca no catálogo da libraría a través do buscador. Buscade por ano de edición, lingua, tipo de contido, tipo de publicación, etc.

libraria_xunta_buscador

En libraria.xunta.gal atoparedes tamén información para as librarías. Esta web convírtese na canle para a compra de publicacións da Xunta por parte de librarías e outros establecementos e puntos de venda. Enterádevos de como rexistrar unha libraría ou de como adquirir publicacións. Ademais facilítanvos información de contacto para que resolvades as posibles dúbidas.

Por último, na sección Como podo…?, de preguntas precuentes, podedes atopar respostas a preguntas como: como busco unha publicación, como podo informarme das novidades, que podo facer se unha publicación está descatalogada ou se podo solicitar o envío dunha publicación gratuíta. Algunha pregunta que non estea na web?

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.