A aplicación do mes: a app do DOG

DOGAPP

A Xunta acaba de presentar a aplicación para dispositivos móbiles do Diario Oficial de Galicia (DOG). A app permítenos consultar as publicacións do DOG onde e cando queiramos dende o noso móbil ou tablet Android ou iOS.

A aplicación actualízase constantemente coa información procedente da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica no portal www.xunta.es, e está dispoñible en galego e en castelán. Podemos acceder ao último diario, buscar por data, consultar o contido na app e descargalo en formato PDF.

Ademais a aplicación inclúe novas funcionalidades: podemos filtrar os anuncios por sección (disposicións xerais, autoridades e persoal, etc.), rango (lei, decreto, orde, etc.), área temática (ensino e formación, medio ambiente, economía, etc.) e por colectivo ao que van dirixidos (autónomos, desempregados, empresas, etc.). Podemos gardar os anuncios máis relevantes na sección favoritos.

Dez aplicacións da Xunta

appsXunta

No catálogo de apps da Xunta hai aplicacións para Android, iOS, BlackBerry e Windows Phone. Algúns exemplos son abalarMóbil para a comunicación entre familias e centros educativos, Mobem para demandantes de emprego ou MeteoSIX e MeteoRoute para consultar a predición meteorolóxica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.