BIblioguía é un mapa e localizador de bibliotecas en España. Permite o acceso á información de contacto de máis de 6.000 bibliotecas, centros de documentación, de lectura e bibliotecas especializadas. Podemos navegar polo mapa sen necesidade de facer unha busca, ou buscar por nome ou enderezo. Ofrécenos a posibilidade de consultar horarios, teléfonos e información de como chegar.
Os datos para Galicia obtéñense da Rede de Bibliotecas de Galicia, que podedes consultar no portal abert@s do que vos falabamos a semana pasada. Tamén están dispoñibles os datos das bibliotecas de Andalucía, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Gijón, País Vasco, Murcia, Navarra, e os do Directorio de Bibliotecas e Hemerotecas Españolas.
A aplicación móbil
Ademais da busca por enderezo ou nome, podemos activar o GPS do móbil para que a aplicación nos dea a información dos centros máis próximos á nosa posición. A app permite ademais gardar a información das bibliotecas e consultala offline, compartila por correo ou engadila aos contactos. Está dispoñible para dispositivos Android e iOS.



