Box é unha app moi sinxela que permite editar e compartir arquivos con compañeiros de traballo ou de clase.
Podedes crear ou editar documentos de texto, follas de cálculo ou presentacións, comentalos e facer correccións. Podemos compartir contidos e manternos en contacto co noso equipo de traballo dende calquera lugar e mediante calquera dispositivo. Box dános ademais 10 GB de almacenamento gratuíto na nube.
Que nos permite facer Box?
- Crear, visualizar e acceder a contidos dende os nosos dispositivos móbiles.
- Cargar arquivos, imaxes e vídeos dende unha tarxeta SD.
- Gardar arquivos no noso móbil ou na tablet para acceder a eles sen conexión.
- Compartir arquivos e carpetas de maneira sinxela mediante ligazóns.
- Invitar a colaboradores a carpetas compartidas e deixarlles comentarios nos arquivos.
- Gardar na conta de Box os arquivos creados ou editados con outras apps.
- Engadir un widget na pantalla de inicio para ver as actualizacións feitas polos colaboradores.


