A aplicación do mes: Museo Centro Gaiás

museo

Museo Centro Gaiás. Foto: cidadedacultura.org

Coñecedes o Museo Centro Gaiás? É parte fundamental da Cidade da Cultura. 3 plantas que acollen exposicións temporais, instalacións e eventos como o Womex 2014, a feira profesional de ‘world music’ máis importante do mundo, que se celebra en Santiago dende mañá ata o próximo 26 de outubro.

Cando visitedes o museo non esquezades descargar a aplicación Museo Centro Gaiás. Permite consultar toda a información das exposicións. O seu motor de xeolocalización determina en que punto está o visitante dentro do edificio amosando información das obras de arte e dos puntos de interese próximos.

app_MuseoCentroGaias

Ademais, a app ofrece contido adicional en forma de audio, vídeo ou ligazóns que enriquecen a visita. E ofrécese información práctica como a ruta para chegar á tenda, ou a localización de ascensores, aseos e saídas de emerxencia.

A aplicación está dispoñible para dispositivos Android e iOS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.