A aplicación do mes: PcPG-Contratos de Galicia

PcPG

A Xunta acaba de publicar a aplicación da plataforma de contratos de Galicia. Trátase dunha app desenvolta pola Amtega que permite a consulta en calquera momento e dende calquera lugar, dende o móbil ou dende a tablet, da información da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

principal_GLDispoñible en galego e castelán, actualízase de xeito constante con información procedente da web contratosdegalicia.es. A través da aplicación podemos acceder ás últimas publicacións da plataforma, a aquelas que se atopan en prazo de presentación de ofertas, ás pendentes de adxudicar, ás que se atopan nos últimos días de prazo de presentación e ás próximas mesas de contratación.

A app inclúe ademais a opción de consulta dos diferentes perfís de contratante e a posibilidade de sinalar determinados procedementos como favoritos para facilitar o seu seguemento.

PcPG-Contratos de Galicia, está dispoñible para dispositivos iOS e Android.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.