A aplicación do mes: Turismo de Galicia

turismodegalicia

Despois de facer un percorrido pola páxina web descargamos a app móbil de Turismo de Galicia: aplicación de realidade aumentada que incorpora datos de todos os recursos turísticos dispoñibles: turismo rural, hoteis, pensións, apartamentos, restaurantes, patrimonio cultural, festas, etc.

A app engade datos xerados por ordenador en tempo real a unha imaxe que o usuario está mirando nese momento. Combina a utilización do GPS, o compás dixital, a cámara e a conexión permanente á rede: a cámara captura unha imaxe que amosa na pantalla, o GPS determina a posición exacta e a brúxula a dirección na que se está a mirar.

Baseándose nos datos achegados polo GPS e a brúxula, a aplicación recolle os datos dispoñibles na rede e superponos sobre a imaxe no móbil. Na pantalla aparecerán unha serie de iconas que representan os puntos de interese xunto coa descrición destes na parte inferior.

A aplicación está dispoñible para dispositivos Android (ENLACE) e iOS (ENLACE) equipados con GPS. Ademais cómpre ter instalada a app de realidade aumentada Layar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.