Aplicacións móbiles e comercio electrónico

Ecommerce

Se ides crear unha tenda en liña tede en conta que as aplicacións móbiles presentan unha tasa de conversión nos procesos de compra moi superior a outros mecanismos. Esta é unha das conclusións do último estudo de Criteo, compañía que analizou máis de 1.400 millóns de transaccións de 3.000 ecommerces. As apps xeran case a metade do total das compras móbiles.

Os consumidores que usan aplicacións móbiles desenvolven unha taxa de conversión 3 veces maior que a dos que usan un navegador convencional. A conclusión é que buscamos mecanismos que nos faciliten o proceso de compra.

Por outra banda, agora sabemos que no 40% das compras online úsase máis dun dispositivo. No móbil, no ordenador ou na tableta buscamos produtos e servizos, información sobre os mesmos e tomamos a decisión de compra.

A importancia dos dispositivos móbiles

Criteo analizou a importancia dos dispositivos móbiles no comercio electrónico mundial. No 2015, son os responsables do 40% das transaccións. Destacan os sectores da moda e do luxo e o das viaxes. Os que máis medran son o da saúde e a beleza.

A falta de aplicación móbil, é moi importante contar cunha web adaptada a móbiles. As taxas de conversión de sitios adaptados foron 2 veces superiores ás de sitios non optimizados. Os datos son mellores en todas as etapas do proceso de compra: máis produtos vistos e máis compras feitas.

Fonte: PuroMarketing.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.