Apple elimina o conector de 3,5mm (minijack) dos seus teléfonos. E agora que?

apple-jack

Era un segredo a voces: na presentación do último teléfono de Apple, o iPhone 7, desaparece o conector de 3,5mm (tamén coñecido como “mini jack”).

Este conector é unha miniaturización do clásico “jack” de 6,35 milímetros creado en 1878, polo que estamos a falar dunha tecnoloxía realmente resistente ao paso do tempo. Para que vos fagades unha idea, os disquetes, tan populares nos anos 90, xa so permanecen como icona de “gardado” nos programas informáticos.

Apple, eliminando conectores e lectores dende hai anos

A propósito dos disquetes, Apple foi a primeira en eliminar os lectores deste formato nos seus equipos, polo que xa ten bagaxe no que respecta á eliminación de conectores e lectores.

Os seus equipos portátiles tamén eliminaron os lectores de CD e DVD, e mesmo teñen un modelo de portátil que conta cun so porto “USB tipo c”, prescindindo do resto de conectores.

Xa, e as alternativas?

As alternativas que plantea Apple pasan pola conectividade sen fíos; de feito, no lanzamento do seu teléfono tamén aproveitaron para promocionar os Airpods, uns auriculares sen fíos que se conectan mediante tecnoloxía Bluetooth; un movemento intelixente por parte da compañía americana se contextualizamos coa compra de Beats (compañía especializada na fabricación de altofalantes e auriculares).

Os auriculares sen fíos son unha opción interesante a ter en conta, sobre todo para aquelas persoas que teñan un smartphone (ou ordenador) con bluetooth: por pouco máis de vinte euros podes facerte cun equipo que satisfará as necesidades dun usuario medio.

Con todo, a opción bluetooth non é a panacea; a perda de calidade con respecto ao cable é tanxible (e comprensible), polo que os máis melómanos probablemente seguirán preferindo o cable.  Se prefires cable, pero queres ter un iPhone 7, terás que empregar os auriculares que trae de serie o teléfono, que se conecta a través do porto “lightning” ou utilizar o adaptador de conexión lightning a “jack” de 35mm que trae aumentando lixeiramente a lonxitude do cable dos nosos auriculares. Iso si, ou escoitas música, ou cargas o teléfono; as dúas cousas a un tempo non será posible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.