Aproveita o verán cos cursos da Rede CeMIT

Aula CeMIT Verin

Aula CeMIT Verín. Foto: verin.es

A actividade da Rede CeMIT non se detén durante o verán. Hoxe propoñémosvos algúns cursos para as próximas semanas. Cunsultade o calendario completo aquí; seguro que atopades o curso que estades a buscar.

Comezamos o próximo luns día 20 de xullo en Castro Caldelas cunha actividade de fotografía dixital para nenos; das 4 ás 6 da tarde, do 20 ao 23 de xullo. Do 21 ao 30 de xullo, na aula CeMIT de Arzúa, a formación será sobre Twitter. Aprendede a tirar proveito desta rede social que pode resultar fundamental para a vosa empresa ou para coidar a vosa marca persoal.

Do 27 ao 30 de xullo en Celanova, o curso será sobre ferramentas 2.0 para o traballo colaborativo. Trátase de coñecer ferramentas na nube que facilitan o traballo en equipo. Traballades con Google Drive? Usades aplicacións como Wunderlist ou Prezi?

En Redondela, os máis pequenos poden asistir do 3 ao 26 de agosto a un curso de iniciación á informática. Faranse 2 grupos distintos de nenos de entre 6 e 9 anos, e de entre 10 e 13 anos. Non é unha mala idea para aproveitar o tempo no verán non?

Dos pequenos aos máis maiores. Do 10 ao 21 de agosto na CeMIT de Sada o curso será de iniciación á informática para maiores. Na lista de temas: familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do sistema operativo, aprender a xestionar arquivos e cartafoles, crear, editar e imprimir un documento cun editor de textos, etc.

Achegádevos á aula cemit máis cercana e preguntade pola actividade que vos interesa. Non desaproveitedes a oportunidade de formarvos en novas tecnoloxías de maneira gratuíta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.