A Amtega abre hoxe o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada no DOG, con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a mediados do mes de xuño.
A inscrición realizarse a través da páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.es). Os únicos requisitos necesarios son:
- Ser maior de 16 anos,
- Estar dado de alta como usuario da rede CeMIT
- Abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame, no caso de ser admitido/a no curso. A taxa é de 10 euros.
O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.
Ollo, tedes de prazo ata o día 1 de febreiro para facer a inscrición. Logo desta data publicarase na web de Cemit a relación de persoas admitidas. Se figuras entre as admitidas é cando debes aboar as correspondentes taxas de exame (nos seguintes cinco días naturais dende a publicación das persoas admitidas).



Pingback: O mellor do mes de xaneiro en Xente Dixital - Xente Dixital