Na última edición de FITUR celebrábase o concurso “The AppTourism Awards 2015” organizado por Segittur. Hoxe compartimos con vós as aplicacións gañadoras. A principios de agosto, non ven mal ter as mellores apps de viaxes descargadas no móbil.
Shorcial
Aplicación que nos axuda a atopar praias. Podemos buscar por nome ou localización. Podemos subir fotos ou consultar información de nome, localización, temperatura, acceso, etc.
AsWings levou o premio de mellor app de turismo deportivo, natureza e aventura. É unha aplicación pensada para desfrutar da patinaxe na vosa cidade ou noutras que non coñecedes. Pódese explorar e compartir rutas, rexistrar tempos, compartir fotos e vídeos…
Vojo Way axúdanos a crear viaxes e rutas a pé. E a descubrir ofertas e servizos durante o camiño, a contactar con amigos e outros viaxeiros que están facendo a mesma viaxe. Na versión que podedes descargar agora atoparedes as principais rutas do Camiño de Santiago en España e Portugal.
O premio neste caso foi o de mellor app internacional de guía de destino. É un planificador de viaxes online que axuda a escoller que ver e que facer na cidade seleccionada. Adaptade a busca ás datas da vosa viaxe e aos vosos intereses.
Entre as aplicacións gañadoras tamén estaban as de Minube e Booking.com. Que aplicación de viaxes nos recomendariades?


