As redes sociais non son só para o Nadal

christmas

É costume, case tendencia, que moitas empresas coiden a comunicación que fan en blogs e redes sociais “só” no Nadal, na época máis importante de vendas para moitos negocios. E por aí comezamos a darvos algúns consellos útiles para xestionar a comunicación da vosa marca nestas datas:

  • Coidar a comunicación todo o ano. Non serve de nada publicar 2 posts no blog no Nadal e outro en San Valentín. Nin actualizar un perfil de Twitter que non di nada dende agosto. Para obter os resultados que buscamos na campaña de Nadal, cómpre coidar a comunicación da marca todo o ano, coidar os contidos que compartimos e responder sempre aos usuarios que nos seguen.
  • Un deseño para cada campaña. É obrigatorio subir fotos e imaxes de calidade á web e ás redes sociais. Se podedes, é recomendable crear deseños, creatividades adaptadas a cada campaña. No Nadal deberiades cambiar a foto de portada de Facebook, Twitter, etc., e usar o mesmo deseño para as imaxes que usedes para os sorteos, ofertas, etc.
  • Sorteos e concursos. Recurso que usamos todo o ano e que é recomendable tamén en decembro. Así chamamos a atención sobre os produtos que vendemos e involucramos aos seguidores ca marca. Podedes facer un sorteo entre os usuarios que comenten unha publicación ou un concurso de fotos, vídeos, textos… Botádelle un ollo a easypromos.com.
  • Anuncios. Sobre todo en Facebook, os anuncios sérvennos para aumentar o número de seguidores pero tamén para promocionar unha publicación na que falamos dun produto que nos interesa vender, ou na que facemos un sorteo no que queremos que participe o maior número de usuarios posible. Por un investimento pequeno, conseguiredes aumentar significativamente a participación da xente.

Se tedes unha tenda en liña non esquezades facer unha selección de produtos destacados ou de preparar unha newsletter que enviar á vosa base de datos. Se aínda non estades na rede – esta semana contabámosvos que o 46% das pemes non o están – interésavos a guía práctica de mañá.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.