Explicación das clases enerxéticas (A, B, C, D…)
A etiqueta enerxética ten un ámbito de aplicación europeo e é importante para os cidadáns porque constitúe unha ferramenta informativa e clara sobre o consumo de electricidade dos aparellos eléctricos. Ademais, esta etiqueta é obrigatoria para todos os aparellos que están á venda.
A continuación, enumeramos os electrodomésticos qeu teñen establecido o etiquetado enerxético:
- Frigoríficos e conxeladores
- Lavadoras, secadoras e lavadoras-secadoras
- Lavalouzas
- Lámpadas domésticas
- Fornos eléctricos
- Aire acondicionado
En todos estes instrumentos, a etiqueta enerxética permite identificar nun golpe de vista os aparellos máis eficientes.
A escala, da que xa falamos en Xente Dixital está regulada pola Unión Europea a través de directivas que comezaron no ano 1992 e que cada un dos Estados membros da UE foi transpondo á súa regulación.
En España, por exemplo, é obrigatorio por lei que todos os aparellos eléctricos afectados pola normativa, e que estean á venda ao público, leven a etiqueta, do mesmo xeito que o fabricante do aparello está obrigado a facilitarlle ao vendedor os valores que avalían un modelo con etiqueta enerxética.
É importante coñecer o consumo enerxético dun aparello, porque moitos dos aparellos dos que falamos teñen unha vida media duns 10 anos, e a diferencia entre un aparello de Clase A (máxima eficiencia) e un de clase G (mínima eficiencia) pode superar os 800€ de aforro en consumo enerxético, o que compensa o desembolso inicial.
A continuación, deixámosche unha gráfica que amosa o consumo medio por fogar de cada aparello. Invitámoste con esta guía a que compares o teu consumo coa media e reflexiones sobre a importancia de ter un electrodoméstico máis eficiente.
Estás de acordo co gráfico? Tes algún electrodoméstico que utilizas máis do que reflicte a imaxe?



Non entendo porqué non é obligatoiro esta etiqueta nas caldeiras de calefaccion, pois son sin dúbida as maiores consumidoras de enerxía da vivienda, creo que pode ser porqué dependendo de cómo se instale tendra maior o menor eficiencia.