A Rede CeMIT, –Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica– votou a andar en marzo de 2011 co obxectivo de fomentar o uso das TIC na sociedade galega. A través das súas 98 aulas, presentes en 92 concellos e nas 53 comarcas galegas, CeMIT, é a iniciativa fóra da educación reglada con maior número de usuarios en Galicia. A día de hoxe máis de 28.000 galegos se achegan a tecnoloxía ou melloran o seus coñecementos nos centros CeMIT.
O obxectivo principal da Rede CeMIT é promover a alfabetización dixital da sociedade galega, especialmente entre aqueles colectivos con máis dificultades de acceso ás novas tecnoloxías. Sabes cal é a túa Aula CeMIT?
E que che ofrece unha aula CeMIT?
- Formación presencial, impartida nas propias aulas.
- Formación online; a través dunha aula de formación virtual, para poder aprender e participar no proceso de aprendizaxe dende calquera punto con acceso á rede. Formación complementada ademais con titorías. Esta semana prestaremos atención á oferta de formación nas Aulas CeMIT.
- Actividades de difusión, charlas e xornadas de sensibilización e divulgación das actividades da rede. Trátase de introducir temas relacionados coas novas tecnoloxías, e de captar necesidades e demandas.
- Servizo de aulas abertas; á disposición dos usuarios da Rede que queiran empregar para o uso persoal os equipos das aulas ou resolver dúbidas mediante o Axente TIC da aula.
Os obxectivos da Rede CeMIT compártenos as entidades colaboradoras. Entre outras formas de colaboración, existe a posibilidade de empregar a infraestructura da rede para a difusión de proxectos de alfabetización dixital, de desenvolver o catálogo de servizos e o Plan de Formación da Rede CeMIT nas propias Aulas CeMIT ou nas instalacións da entidade colaboradora, ou de, por exemplo, colaborar na xeración e implantación de novos contidos, servizos e iniciativas para a sociedade galega.
Se che queda algunha dúbida relacionada coas tecnoloxías da información e da comunicación hai unha Aula CeMIT moi preto de ti. Atopa toda a información de cursos e actividades en http://cemit.xunta.es/.

