Boas prácTICas na volta ao cole

Non hai moito, voltar ao cole consistía en reciclar ou mercar libros, libretas, bolígrafos…, e, se había sorte, unha mochila nova. Hoxe é imposible separar educación e tecnoloxía. O obxectivo é aproveitar ao máximo os recursos dos que dispoñemos, que ordenadores, tablets e móbiles continúen acendidos fóra do tempo de ocio.

A tecnoloxía está cambiando a maneira de aprender, e a de ensinar. Profesores e alumnos contan con dispositivos, aplicacións e software que facilitan o seu traballo. A presenza das TIC na ensinanza debe transcender as presentacións de Power Point. Debería, entre outros beneficios, mellorar a comunicación cos estudantes, favorecer o intercambio de información entre profesor e alumno, ou entre compañeiros de clase e, porque non, abrir unha ventá a interactuar con outros grupos ou institucións educativas. Esta semana repasaremos a fondo efectos secundarios e primarios da tecnoloxía na aprendizaxe.

Un “estudante TIC” pode, por exemplo: coller apuntes nun portátil ou nunha tablet, gravar un vídeo nunha práctica e revivila máis tarde, compartir ambas cousas con compañeiros de clase, consultar outras fontes de información e, “por último”, preguntar dúbidas ao profesor vía correo electrónico ou a través dun campus virtual.

Cada vez contamos con máis ferramentas tecnolóxicas. Por se vos corre présa, axudarémosvos a escoller o mellor dispositivo para meter na mochila. Máis alá do imprescindible ordenador, un ebook ou unha tablet poden ser moi útiles pero…, cal necesitas?

Por último, aprenderemos a tomar apuntes, organizar o noso tempo, xestionar e compartir información, acceder rapidamente ao contido que necesitamos, etc., a través das aplicacións móbiles. A lista é interminable e algunhas delas estanse a converter en imprescindibles.

Libros, libretas, bolígrafos, portátiles, tablets… Volta ao cole, analóxica ou dixital?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.