Bota a andar Galicia Open Future

img_2

A semana pasada celebrouse o acto inaugural de Galicia Open Future. En Xente Dixital xa vos falamos en varios posts desta iniciativa froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e Telefónica, que ten como obxectivo potenciar o emprendemento innovador na Comunidade.

O primeiro paso foi o Pacto Tecnolóxico de Galicia asinado o ano pasado con Telefónica, 11 empresas máis nacionais e internacionais e o Clúster TIC. Froito desa colaboración xa están en marcha os 50 proxectos seleccionados para Galicia Open Future; proxectos seleccionados das 130 propostas presentadas inicialmente. O 80 % presenta potencial para a creación de emprego cualificado e o 40 % xa o ten. Ademais, 2 de cada 5 dispoñen de financiamento, foron galardoados previamente ou proveñen de centros tecnolóxicos. Por último, cómpre salientar que 3 de cada 10 pertencen a sectores tradicionais da economía galega.

O obxectivo é consolidar un sector TIC punteiro. E conséguese a través de Galicia Open Future (a Xunta aporta a esta iniciativa 750.000 €), e do traballo que se desenvolve nos centros tecnolóxicos Gradiant, CTIC e Cesga, na plataforma tecnolóxica Vindeira ou nos grupos de investigación creados nas tres universidades galegas.

Tamén se consegue co desenvolvemento da Axenda Dixital 2020 ou coa aplicación da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) que recolle as prioridades da innovación galega ata 2020.

O mércores falaremos con Mari Carmen López, directora de Galicia Open Future sobre a actividade que se desenvolve no Crowdworking O Gaiás. Que lle preguntariades?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.