Busca de emprego, seguridade na rede para menores ou Facebook, nos próximos cursos da CeMIT

cemitfisterra

Se queredes comezar o próximo curso con bo pé, botádelle un ollo aos próximos cursos da Rede CeMIT. Xa sabes onde está a túa aula CeMIT máis cercana?

Comezamos na CeMIT de Moaña cunha actividade sobre iniciación a internet dirixido a persoas en busca de emprego. A idea é capacitar aos asistentes no uso de motores de busca de información na rede. Será os días 24 e 25 deste mes.

O día 25 de agosto, na aula CeMIT de Ortigueira, o curso será sobre seguridade en internet para menores. 2 horas nas que aprender a previr os riscos que poden atoparse os máis novos na rede.

Atentos á seguinte actividade. Na CeMIT de Santa Comba, do 26 ao 31 de agosto o tema será a descarga de música de forma legal. Ao rematar podemos comezar outro curso en Oroso sobre ecommerce. Dirixido a empresarios e emprendedores, do 31 de agosto ao 10 de setembro, falarase de prácticas de benchmarking, de protección de datos, de loxística e distribución, etc.

Na aula CeMIT O Barco, do 31 de agosto ao 11 de setembro, ensinaranvos todo o que tedes que saber sobre Facebook. Seguro que vos axuda na xestión da comunicación online do voso negocio.

No calendario do mes de setembro podedes atopar actividades para tirar proveito do voso smartphone, de informática para maiores, sobre ecommerce, sobre busca de emprego na rede… Algunha suxerencia? Podes facela na web ou na túa aula CeMIT máis cercana.

Calendario actividades Rede CeMIT.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.