A actividade da Rede CeMIT e do Centro Demostrador TIC non se detén no verán. A que cursos ou actividades podedes asistir nas próximas semanas? Atentos porque seguro que atopades algún que vos interese.
Rede CeMIT
Seleccionamos algunhas opcións das moitas que podedes atopar no calendario de actividades da Rede CeMIT. Comezamos por un curso para contar o que queiras en Internet coa axuda dun blog; o curso impartirase na aula CeMIT de Celanova, entre os días 21 e 24 de xullo. En Xente Dixital podedes atopar máis dunha guía práctica para aprender a manexar algunhas plataformas para blogs.
Entre o 23 e o 24 de xullo, na aula CeMIT de Boiro, podedes aprender como facer compras seguras en Internet. Se vos interesa e non podedes ir, sempre podedes botar un ollo ao post que lle adicabamos ao tema en Xente Dixital.
Ademais podedes asistir a cursos de iniciación á informática, manexo dunha cámara dixital ou uso das redes sociais, entre outras opcións. Xa consultastes o calendario?
No CDTIC
Ademais de á Rede CeMIT tamén recomendamos estar atentos á actividade do CDTIC. O Próximo 17 de xullo podedes asistir a unha sesión demostradora sobre innovación aplicada á xestión enerxética. Está dirixida a directivos e técnicos con responsabilidade sobre aspectos económicos ou de xestión técnica en empresas industriais ou do sector servizos: edificios administrativos, hoteis, centros comerciais, etc.
O obxectivo será amosar os beneficios do uso da plataforma de xestión enerxética e técnica co2st-tem.



