Community management e administración de Drupal, os próximos cursos no CDTIC

CDTIC_nov2014

A semana vai de formación. Comezamos compartindo o calendario de actividades da CeMIT e o mércores entrevistamos a Cecilia Neri, axente TIC de Vigo para saber que servizos ofrece ou que obxectivos ten a Rede CeMIT para o 2015. Hoxe consultamos o calendario de actividades do Centro Demostrador TIC.

O próximo 4 de novembro na Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís, na Coruña, e retransmitido por streaming, desenvolverase un seminario de formación sobre community management. Está dirixido a calquera que queira poñer en marcha un proxecto de comercio electrónico. Introducirase a empresas e autónomos na nova contorna dixital, daráselles un esquema para desenvoler un plan de medios sociais e aprenderán a manexar e aproveitar as ferramentas 2.0.

Na Aula CeMIT de Chapela, en Redondela, o próximo 24 de novembro, impártese un curso sobre administración básica de Drupal. Os asistentes coñecerán os fundamentos de Drupal 7 e aprenderán a montar dende cero e a xestionar unha páxina web empregando este xestor de contidos. O 1 de decembro celebrarase no mesmo lugar a segunda parte do curso na que se profundizará no uso e configuración de Drupal con características avanzadas do sistema. As actividades están dirixidas a profesionais TIC, responsables da xestión web das empresas, autónomos, etc.

Para inscribirvos nas actividades só tendes que acceder ao voso espazo usuario dentro da páxina do CDTIC.

No CDTIC

Servizos_CDTICConvén lembrar que na web do CDTIC tedes acceso, por exemplo, á Guía de solucións TIC en Software Libre. Podedes reservar as instalacións para levar a cabo un encontro TIC ou seminario de formación ou resolver as vosas dúbidas sobre as TIC a través do servizo Consultas TIC. Por último, no espazo CDTIC Virtual podedes analizar e probar solucións empresariais libres na nube. Agora mesmo está dispoñible Owncloud; coñecedes a aplicación?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.