Como evolucionaron as redes sociais no 2014?

Social_networking_services

Antes de aventurarnos a dicir que vai a pasar coas redes sociais no 2015, cómpre facer balance do ano que está a punto de rematar. Que cambios lembrades nos últimos meses nas redes sociais que empregades todos os días?

Publicidade móbil

O presente e o futuro están nos dispositivos móbiles. Facebook traballou na comunicación a través de móbiles e tabletas nos últimos tempos e os anuncios móbiles supoñen xa o 66 % dos ingresos da rede social. Twitter, pola súa parte, lanzou Fabric, unha plataforma para desenvolvedores que os axuda a crear e lanzar apps e a comercializar a publicidade que xeran.

Sobre Facebook e Twitter

2014 foi o ano da polémica polo trato que Facebook da ás empresas que non pagan para aparecer nesta rede social. Facebook reduciu progresivamente o alcance orgánico das empresas (número de persoas que ven información sobre a marca) e hoxe é moito máis complicado chegar aos usuarios de forma natural.

Facebook penaliza ademais os contidos que se parecen demasiado á publicidade dun produto ou empresa. Ás empresas non lles queda máis remedio que pagar e a publicidade en Facebook é cada vez máis cara.

En canto a Twitter, estase a converter nunha rede social cada vez máis valorada por usuarios e empresas. Un estudo de Simply Measured conclúe que os tuits das marcas subiron un 83% en engagement con respecto ao conseguido no 2013. Prestamos cada día máis atención a esta rede social e, por exemplo, a demanda de atención ao cliente en Twitter duplicouse no 2014.

O vídeo segue a ser o contido rei

Durante este ano multiplicáronse as campañas de marketing en Instagram e Vine. Ademais, Facebook incorpora cada vez máis vídeos e cada vez somos máis os que recurrimos a esta rede social para acceder a contido de vídeo. Segundo datos da IAB (asociación que representa ao sector da publicidade en medios dixitais en España), a inversión en publicidade en vídeo no 2014 subiu un 24%.

A influencia do ecommerce

Cando fagamos balance a finais de 2015 pode que exista a posibilidade de mercar produtos a través de Facebook ou Twitter. As dúas están probando ferramentas de pago móbil e botóns de compra. Gustaríavos poder mercar un produto dunha marca á que seguides, directamente a través de Facebook?

Fonte: PuroMarketing.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.