Seguro que vos sorprenden os datos que falan da relación entre os blogs e as redes sociais, e as compras de Nadal. Segundo un informe de Research Now, o 84% dos consumidores mercou algún produto despois de ler un artigo nun blog.
O 25% dos enquisados asegura que merca cada mes algo relacionado cos produtos sobre os que se informa a través de blogs. No 50% dos casos o importe medio desas compras non supera os 60€ e o 32% é superior a 100€.
Os blogs son a principal fonte de información dos usuarios de menos de 34 anos. Entre os 35 e os 54 sitúanse en segundo lugar, só por debaixo de familia e amigos. En canto ao xénero, os blogs inflúen, sobre todo, nos homes; as mulleres prefiren deixarse aconsellar por familia, amigos e outros consumidores.
Que tipo de blogs teñen máis éxito? Os consumidores teñen en conta o contido de blogs á hora de mercar produtos para o fogar (54%) e regalos para eles mesmos (45%) ou para outras persoas (30%). Os blogs máis populares son os de alimentación e bebidas (48%), hobbies e ocio (42%) e cultura e entretemento (39%).
Twitter e as compras de Nadal
Twiiter levou a cabo un estudo xunto coa compañía Millward Brown, para analizar que papel xoga a rede social no proceso de compra. Entre as conclusións atopamos que o 76% dos usuarios españois fixo algunha compra para as festas impulsado por información vista en Twitter. O 34 % dos consumidores españoles enquisados asegura que pensa usar Twitter para as súas compras de Nadal; en España, o 74% dos enquisados segue en Twitter a pequenos negocios e tendas en liña.
Fonte: PuroMarketing.


