Coñece as novas funcionalidades da sede electrónica

Onte abriamos a porta da sede electrónica que permite que tramitemos dende as nosas casas as xestións que ata agora faciamos de maneira presencial nos organismos oficiais. Hoxe podemos facer 572 trámites sen agardar un minuto, calquera día do ano e a calquera hora; só necesitamos un ordenador con acceso á rede. O obxectivo para hoxe é atender ás novas funcionalidades que se están a implementar na sede electrónica, e saber como podemos resolver as posibles dúbidas.

sede_elecNovas funcionalidades.

Dentro de pouco poderemos resolver calquera procedemento administrativo a través da sede electrónica. Para os próximos meses están reservadas algunhas novidades importantes:

  • Despois de solicitar un nome de usuario e un contrasinal nunha oficina de atención ao cidadán, poderemos facer presentacións no rexistro electrónico sen contar cun certificado.
  • Contaremos coa posibilidade de presentar escritos e solicitudes de trámites xa iniciados. Poderase achegar información adicional, facer alegacións, etc.
  • Poderase presentar calquera tipo de solicitude sen a necesidade de que exista un formulario normalizado.

Algunha dúbida?

Na resolución dalgún dos procedementos poden xurdir dúbidas. Contamos con varias ferramentas de axuda para que resulte imposible perderse:

  • 012. Este teléfono de información conta cun grupo especializado para a sede electrónica.
  • A sección de axuda. Actualízase a diario para dar resposta ás dúbidas máis frecuentes. Ademais dános información sobre os requerimentos técnicos para poder empregar os servizos da sede electrónica.
  • Dentro da web. Unha vez dentro veredes varios elementos de axuda á navegación que nos guían na resolución do trámite administrativo paso a paso.
  • Axudas audiovisuais. Pronto contaremos con vídeos explicativos dalgunhas das xestións que podemos facer na sede.

A relación coa Administración está a cambiar e depende, en boa parte, de se tiramos ou non proveito dos servizos que temos ao alcance do noso ordenador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.