É, posiblemente, o traballo de moda. Trátase, ademais, dunha das 10 profesións para o futuro das que xa falamos en Xente Dixital. En España hai máis de 18 millóns de usuarios en Facebook, e marcas, empresas, institucións e colectivos teñen presenza nunha ou varias aplicacións como Facebook, Twitter ou Instagram.
Xestionar a presenza en redes sociais de empresas e colectivos non é tarefa sinxela. Se queres traballar neste sector, estas son algunhas das características que debes posuír ou potenciar.
Creativo
É fundamental a creatividade. Traballar en redes sociais é apaixonante, pero require unha dose de esforzo para contar cousas de maneiras diferentes. Se entre as túas cualidades está a creatividade… adiante, este traballo é para ti!
Coñece á túa competencia
Tan importante como saber o que ti fas, é saber o que fai a competencia. Monitoriza as súas accións e o que publican en redes sociais. Isto axudarache a non perder o norte.
Planifica e mide
Calquera acción que leves a cabo debe estars planificada con anterioridade ata onde poidas. E cando remate a acción, debes medir o seu resultado. So así saberás se mereceu a pena e se pode repetir.
Escoita
É fundamental escoitar o que acontece en Internet. Xa que as redes sociais son conversación, para poder falar é preciso escoitar.
Reacciona
Logo de escoitar, se aluden á túa marca ou empresa, reacciona. A “calada por resposta” non está ben vista nas redes sociais.
Os erros serven para aprender
Por suposto! Non hai nada que che faga aprender tanto coma un erro. Asúmeo, e volve a empezar. Lembras cando aprendiches a andar en bicicleta? Salvando as distancias, estamos na mesma. Ninguén naceu aprendido con isto das redes sociais.
Fai networking
Atoparás moitos eventos do sector das redes sociais. Non dubides en asistir a eles, relacionarte con outras persoas, compartir experiencias, inquedanzas… estas xuntanzas son moi enriquecedoras.
Fonte orixinal: Trecebits


