Non hai moito falabamos con Cecilia Neri, axente TIC de Vigo, quen nos explicaba que en Faite Dixit@l “estamos a desenvolver unha programación con cursos máis avanzados para dar un paso máis”. Hoxe botamos un ollo ao calendario de cursos e escribimos sobre o concurso de aplicacións móbiles no que aínda podedes participar. O mércores falarémosvos do ciclo de faladoiros dixitais, un espazo para achegarse ás novas tecnoloxías dun xeito diferente.
Pasadomañá, no Centro Cívico de Eiris, na Coruña, impartirase un curso sobre identidade dixital e administración electrónica. No mesmo lugar, entre o 26 de novembro e o 4 de decembro, o curso será sobre marca persoal, fundamental se o que queredes é medrar como profesionais na rede. O último exemplo que compartimos é o curso de ferramentas web 2.0 que se vai a impartir na aula CeMIT de Arzúa entre o 19 e o 27 de novembro.
Lembrade que as actividades de Faite Dixit@l ofrécense por videoconferencia polo que se pode asistir a un mesmo curso dende distintas cidades. Consultade o calendario completo aquí. Para calquera dúbida, visitade a aula CeMIT máis cercana ou visitade cemit.es.
O concurso de aplicacións móbiles
Ata o 28 de novembro podedes participar no I Concurso FaiteDixit@l de aplicacións móbiles. Está aberto a calquera persoa maior de 18 anos, galegos ou con residencia en Galicia, que deseñen e desenvolvan unha aplicación para smartphone programada en linguaxe Android, que facilite servizos nos ámbitos educativo, social, cultural, de lecer, do deporte ou do turismo.
Na web faitedixital.es podedes consultar as bases do concurso e descubrir o premio ao que optades por participar.


