Achegámonos á rede de aulas CeMIT para coñecer as actividades máis interesantes que se celebran no mes de marzo. Bótalle un ollo e inscríbete nas que se celebran máis próximas á túa localidade.
O buscador Google (Vilasantar, 7 marzo) Capacitación á cidadanía no uso de motores de busca de información na internet
Non tires nada: Véndeo ou trócao a través da internet (Cuntis, 8 de marzo) Venta e troco seguro na internet.
Google Drive (Cuntis, 8 de marzo) Coñecer tódalas posibilidades que ofrecen as aplicacións de Google postas a disposición da cidadanía en xeral como das empresas.
Procesador de Textos: Writer (Pontevedra, 7 de marzo) Elaboración de documentos de texto a través do ordenador
Xadrez na rede (Ames, 8 de marzo)
Inglés para viaxeiros (Pontedeume, 7 de marzo) obxectivo: poder desenvolverse en diferentes situacións como nun aeroporto, nun restaurante, obtención de información nunha oficina de turismo, búsqueda de lugares nun mapa, etc.
Deseño de Carteis e Folletos con Scribus (Poio, 7 de marzo)
Iniciación ás Follas de Cálculo con LibreOffice Calc (Poio, 7 de marzo)
Iniciación á informática (Marín, 7 de marzo)


