Para os que aínda non o saiban, no Centro Demostrador TIC, en Santiago, celébranse actividades ás que podedes asistir de maneira gratuíta nas que se fala da integración das TIC no sector empresarial ou de solucións tecnolóxicas para distintos sectores de actividade. Esta é unha boa semana para achegarse ata o CDTIC.
Aprende a xestionar o teu tempo e a túa produtividade dende o móbil
Os temas do programa son a xestión e optimización dos tempos, a mellora das funcionalidades da axenda, a aplicación e xestión de tarefas e a automatización de tarefas e aforro de tempos. Está destinado a traballadores, autónomos e pemes.
O seminario estará impartido por Moisés Castro, consultor da empresa Estrategia y Organización S.A., especializado en temas de comunicación e tecnolóxicos, plataformas en liña e sistemas de vixilancia.
Xestión avanzada da produción cos novos módulos de Oddo
Neste caso trátase dunha sesión demostradora para a explicación do funcionamento básico de OdooMRP, a exposición dun caso de produción e carga inicial de datos e a realización dun exercicio práctico. Está destinada a empresas de produción, empresas consultoras no ámbito industrial, enxeñeiros industriais e estudantes de enxeñaría.
Mellora o teu negocio a través das TIC. A experiencia de tres pemes galegas
Participarán Conservas Galuriña, Queixería O Brexeo e Gonstrucións González Otero. Xornada que pode ser moi útil para calquera pequeno empresario que necesite axuda ou convencerse da necesidade de tirar proveito das TIC para o seu negocio. O obxectivo é estimular a implantación das novas tecnoloxías a partir do coñecemento das experiencias vividas por outras empresas galegas.




