Descubrindo AdWords: AdWords Express ou AdWords?

O luns dabámosvos algúns consellos para conseguir un sitio web optimizado e sobre como escribir en internet para que a web da vosa empresa apareza ben posicionada nas páxinas dos resultados de busca. Do SEO pasamos ao SEM; coñecedes os anuncios de Google? Antes de compartir con vós algunhas guías prácticas útiles para anunciar a vosa empresa en Google, comparamos AdWords e AdWords Express; cal é a fórmula que máis vos convén para anunciarvos en Google?

AdWords Express

Na última guía práctica explicabamos como promocionar a vosa empresa en Google + e invitabámosvos a probar AdWords Express. É a opción máis rápida para anunciarse en Google pero están pensados para negocios locais. Só hai que escoller orzamento, tipo de empresa e frases de busca para activar o anuncio.

  • Só se paga cando alguén fai clic no anuncio.
  • Necesítase unha administración continuada mínima.
  • Ofrece a posibiliade de anunciarse con anuncios de texto ou en Google Maps.
  • Podedes chegar a clientes que se atopen nun radio de entre 25 e 65 km na contorna da vosa empresa.

AdWords

AdWords é unha opción que ofrece un control total sobre as campañas publicitarias. Tedes que escoller as palabras clave que van a activar os anuncios, orzamento diario (o que queredes invertir en cada clic) e o lugar no que poden aparecer os anuncios.

  • Só se paga cando alguén fai clic no anuncio.
  • Podedes escoller as palabras clave e establecer o precio das ofertas (escolledes que precio máximo pagades por cada clic).
  • Chegades aos clientes nas ubicacións que escollades.
  • Beneficiádevos de formatos de anuncio especiais.

Pronto compartiremos na sección de guías prácticas algunhas indicacións que vos van a axudar a anunciar o voso negocio na rede a través de AdWords Express e AdWords.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.