Deseñar un currículo ou crear unha web, entre os próximos cursos da CeMIT

Aula CeMIT Verin

Aula CeMIT Verín. Foto: verin.es

Como cada mes consultamos o calendario da Rede CeMIT e do CDTIC para que saibades a que cursos podedes asistir nas próximas semanas. Formación gratuíta que vos pode axudar, entre outras cousas, a construír a vosa marca persoal na rede.

Do 27 ao 28 de maio na CeMIT de Vilasantar e do 1 ao 3 de xuño na de Redondela, impartiranse dúas formacións sobre elaboración de currículos e sobre como adaptalo ás diferentes candidaturas.

Para atopar traballo, ademais do currículo cómpre coidar a presenza na rede. En Ourense, do 1 ao 5 de xuño impártese un curso sobre creación de páxinas web con Joomla (nivel básico). Entre o 1 e o 8 de xuño, no Centro Cívico de Eirís (A Coruña), o tema será a creación de blogs: ferramentas de creación de blogs, posicionamento, etc.

Existen outras opcións como unha actividade sobre trámites electrónicos coa Administración, do 2 ao 12 de xuño na Aula CeMIT de Vilar de Santos. Ou un curso de organización de viaxes; autoxestión de viaxes a través de internet.

Sempre vos recomendamos que botedes un ollo ao calendario completo e busquedes o curso que máis vos interesa.

Actividades no CDTIC

No calendario do Centro Demostrador TIC tamén atopamos actividades interesantes. O día 28 de maio impartirase un seminario sobre “Como crear unha app e non morrer no intento: que cousas debo coñecer e erros frecuentes”. Está dirixida a emprendedores e programadores que queren desenvolver unha aplicación móbil.

O 3 de xuño a actividade leva por título “WeKab.com: Contas cos mellores formadores?”. WeKab é a primeira plataforma en liña especializada en formadores e expertos no ámbito da formación para o emprego. Aquí os formadores poden darse a coñecer, xerar reputación, formarse e ser accesibles ás empresas formadoras.

Ademais falarase de certificados de experiencia profesional e o potencial da gamificación e da xestión avanzada da produción coa ferramenta Odoo. Queredes saber máis?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.