Desenvolvemento tecnolóxico na NASA

A NASA, a axencia espacial estadounidense, é un referente en investigación tecnolóxica. A proba atopámola nas misións de demostración que buscan achegarse aos obxectivos da axencia para os próximos anos e aumentar a seguridade nas misións, e que están detrás dos avances tecnolóxicos que afectarán ao noso día a día dentro de non moito.

Antes de explicar ningún concepto relacionado coa enxeñaría aeroespacial, buscamos dous exemplos de investigacións con posibles aplicacións na nosa rutina.

‘Sammy the Second’ e o reloxo atómico

Paga a pena botar un ollo á páxina de Youtube da Nasa. Podemos atoparnos con vídeos coma este nos que fan un esforzo notable por explicarnos, dun xeito sinxelo, algúns dos seus programas. Neste caso crean a personaxe de “Sammy the Second” para explicarnos o papel do tempo na xeolocalización; fan un percorrido dende os primeiros mariñeiros que se guiaban polas estrelas, pasando polos modernos sistemas de posicionamento global (GPS), ata chegar ao DSAC (Deep Space Atomic Clock, ou reloxo atómico de espazo profundo). Este sistema permitirá aos astronautas calcular tempo e posición dende a propia nave.

Telerobótica

Hai anos que nos chaman a atención os vídeos de robots humanoides capaces de resolver tarefas propias da rutina dun ser humano. A telerobótica é unha das principais liñas de investigación nos centros da NASA nos Estados Unidos. O primeiro obxectivo é o de aumentar a seguridade nas súas misións pero, chegarán algún día a botarnos unha man no traballo ou coas tarefas do fogar? Este vídeo ten só 4 meses.

Facede un percorrido pola web da NASA e xogade a imaxinar un futuro cunhas cantas melloras tecnolóxicas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.