Eficiencia Enerxética, esa grande descoñecida…

Baixo este tecnicismo – eficiencia enerxética – englóbanse todas aquelas prácticas que empregan as persoas preocupadas polo medio ambiente e/ou a súa economía familiar.

Do que se trata, a grandes trazos, é de procurar o descenso do uso de enerxía.

Os motivos poden ser variados: reducir o custe enerxético (e a factura eléctrica), promover a sustentabilidade económica e ambiental, maximizar os beneficios nas empresas… un compendio de motivos que procuran un fin común: o aforro de enerxía

As 7 clases de eficiencia enerxética.

que te lembras de ter visto esta escala? Corresponde a unha directiva europea sobre eficiencia enerxética e marca, nunha escala representada polas letras A, B, C, D, E F e G, o nivel de eficiencia enerxética do aparello que leva  o selo, sendo A un aparello moi eficiente a nivel enerxético, e G un aparello cun consumo enerxético non eficiente (o que se traduce nun maior gasto. Pensa que un electrodoméstico de clase A pode consumir a metade que o mesmo nunha clase media, polo que, se estás a pensar en mudar algún dos grandes electrodomésticos da casa, ten en conta esta escala. Co tempo, compensa económicamente.

Recentemente, a Unión Europea engadiu tres novas categorías por roba da A, para aparellos aínda máis eficientes: son as categorías A+, A++ e A+++.

Un equipo con certificación A+++ é o equipo máis eficiente de toda a escala.

Curiosidades: o horario de verán e o de inverno

Sabías que o cambio horario en verán e inverno obecece a criterios de eficiencia enerxética?

Trátase dunha idea proposta orixinalmente por Benjamin Franklin no s. XVIII que se adoptou amplamente en 1916. Consiste en adiantar o reloxo unha hora en verán para usar máis luz diurna e, aínda que tamén ten os seus detractores, beneficia ao comercio e promove o aforro enerxético, xa que se reduce a iluminación artificial. Pola contra, tamén ten efectos negativos: a nivel físico, non todo o mundo se acostuma rápido ao cambio (sobre todo no que se refire a horario de comer e durmir)

E a ti, aféctache o cambio horario, tanto o de verán coma o de inverno?

Amplía información:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.