#Entroido

EntroidoVerin_Galiciaenteira

Entroido Verín. Foto @Galiciaenteira

Co Entroido a punto de rematar é momento de facer balance da edición deste ano. En Xente Dixital quixemos facelo dun xeito diferente; seguimos as pegadas que fostes deixando en Twitter do voso paso polos entroidos de Verín, Laza ou Xinzo de Limia.

Antes de nada convén lembrar como buscar información en Twitter. No buscador escribiremos o tema ou o nome de usuario. Tamén podemos buscar fotos, vídeos e novas, e incluso facer unha busca avanzada segmentada por palabras, persoas e lugares.

Xa vos falamos ademais de Hootsuite ou Tweetdeck como ferramentas para a xestión de redes sociais; aquí podedes crear columnas que se actualicen en tempo real cos tuits que coincidan coa vosa busca.

EntroidoXinzo_Centrogallegomadrid

Entroido Xinzo. Foto @CentroGallego_M

Se facedes a proba e buscades, por exemplo, “Entroido Xinzo” ou “Entroido Viana” atoparedes un montón de fotos e vídeos, información de prensa actualizada e información de axenda para aproveitar os últimos momentos.

Entroidoverin

Foto @Entroidoverin

A outra opción é ir directamente a páxinas como @EntroidodeLaza ou @Entroidoverin, ou seguir a algún dos community managers de Turismo de Galicia. É a mellor maneira de revivir o Entroido paso a paso; podedes acceder á información que compartiron ou ás fotos e vídeos que subiron. Seguro que aparecedes nalgunha delas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.