Este ano é bisesto. afecta isto á informática?

En termos astronómicos, a Terra tarda 365 días e 6 horas en dar unha volta arredor do sol. Así, cada catro anos, sumamos un día ao calendario para corrixir a desviación que se vai acumulando (6 horas x 4 anos = 24horas, un día).

bisiesto-mitos-1416744Hoxe é 29 de febreiro. É o día que se “crea” cada catro anos para axustar o noso calendario aos cálculos astronómicos. Na informática as datas irregulares, coma esta, tamén xogaron malas pasadas no seu día. Hoxe repasamos algunhas delas.

O “efecto 2000”

Posiblemente é o máis famoso. Lembras a histeria en 1999 polo cambio de ano, década, centuria e milenio que podería deixar inservibles os equipos informáticos?

Este fallo afectaría a todos os equipos que empregasen un software que so recoñecía anos que empezasen por 19. Desta maneira, en lugar de pasar do 31 de decembro do ano 1999 ao 1 de xaneiro do ano 2000, o software interpretaría que se trata do 1 de xaneiro do ano 1900.

En realidade, os problemas causados polo cambio de 1999 a 2000 foron menores do esperado. Aínda que fallaron algúns equipos antigos e software non actualizado, non foi, dende logo, a fin do mundo.

Sen embargo os custes de corrección do problema, que se foi facendo antes de chegar a esa data, si que se elevaron a millóns de dólares. Pero por fortuna – ou desgraza dos agoireiros – non pasou dunha anécdota.

PS3 e o ano bisesto de 2010

O reloxo interno da consola Play Station 3 interpretou que o ano 2010 era bisesto (non era así, bisestos foron 2008 e 2012), polo que non recoñeceu a data do 1 de marzo. O trebello reiniciaba o calendario no ano 1999 (en USA) e 2000 (en Europa e Asia), impedindo conectarse en liña aos xogadores.

O erro afectou a tres millóns de dispositivos, e recordou ao que foi no seu día o “efecto 2000”.

Erro 1 de xaneiro de 1970 nos teléfonos de Apple

Recoñecido oficialmente pola casa oficial, este erro deixaba completamente inservibles os teléfonos, ipods ou ipads ao introducir de xeito manual (non automática) a data no dispositivo, e indicar que o día de hoxe é 1 de xaneiro de 1970. A solución (de momento) consiste en esperar a que se baleire por completo a batería e modificar a data.

Fallouche algún equipo hoxe a ti? Esperemos que non!

Se coñeces a alguén que cumpra anos hoxe, non te esquezas de felicitalo/a, xa que ata dentro de catro anos non o poderás volver a facer!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.