Fai hoxe 157 anos… nacía Rudolf Hertz, o descubridor dos hertzios

Heinrich_HertzHeirich Rudolf Hertz foi un físico alemán descubridor do efecto fotoeléctrico e da propagación das ondas electromagnéticas. Dálle nome aos “hercios”, esa unidade de medida que se aplica á calidade da imaxe nos televisores, ou á velocidade dos microprocesadores nas computadoras.

Hertz descubriu o efecto fotoeléctrico e da propagación das ondas electromagnéticas, que están intimamente relacionados cos “hercios”

Hertzios (hercios), eses grandes descoñecidos

Seguro que algunha vez oíches falar deles. Son a medida do sistema internacional que se emprega para medir a frecuencia, isto é, o número de veces que unha onda varía a súa polaridade nun segundo.

Os hercios tamén miden a velocidade das computadoras. O “corazón” dun ordenador é o microprocesador, e a súa velocidade mídese en megahertz ou gigahertz. A maior velocidade  do procesador, máis rápido é o computador. Por exemplo, se tes un procesador Intel Core de 2.80GHz quere dicir que é máis rápido que un procesador que funciona a 1.4GHz.

Os hercios tamén son a medida empregada para indicar a frecuencia de refresco da imaxe que se emite pola televisión, por exemplo. A maior valor, máis refresco das imaxes por segundo, o que equivale a maior calidade.

Cando vaias a mercar un televisor, que che expliquen tamén, claramente, cales son os hercios reais e cales son falsos. Os reais son de 50Hz, 100Hz ou 200Hz; os falsos, a diferenza dos primeiros, o que fan é utilizar mecanismos dixitais para mellorar a frecuencia de refresco da imaxe, pero falseando os datos, polo que os resultados nunca serán óptimos.

O habitual é medir a resolución do aparello, o seu tamaño en polgadas e mesmo a distancia de visionado. Hoxe, a maiores, engadimos un novo elemento á ecuación, os Hertzios

1 comentario

  1. Pingback: Guía practica | Como escoller un lector de libros electrónicos - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.