Hai anos tiñamos que recargar a tarxeta do móbil para contar co saldo suficiente para felicitar o Nadal a amigos e familiares. A dúbida para este ano é se Whatsapp vai soportar a cantidade de mensaxes que imos enviar. No portal tecnoxplora.com recollemos algúns datos interesantes sobre o uso das novas tecnoloxías nos últimos momentos do ano.
A maioría confiará mañá no Whatsapp pero deberiamos preparar un plan B; non é a primeira vez que quedamos sen servizo por saturación dos servidores ou por cortes de luz. Na conta de Twitter @wa_status podemos informarnos de posibles problemas.
Sabiades que en España xa somos 20 millóns de usuarios de Whatsapp? E iso que ultimamente os usuarios de Android tiveron que pagar 0,89€ polo usuo da aplicación; pero da igual: unha das frases máis googleadas nos últimos meses foi “como pagar Whatsapp”.
Pero máis alá de Whatsapp, aínda podemos mandar un SMS. Existen, sobre todo, en tarifas que inclúen SMS gratis para os seus usuarios. O ano pasado, en fin de ano, enviáronse en España un 44% menos de SMS en Movistar, un 53% menos en Vodafone e un 35% en Orange. Pola contra, enviáronse 18.000 millóns de Whatsapp nun día en todo o mundo.
As alternativas
Aínda estades a tempo de enviar algunha tarxeta interactiva. Tuparada ou Cuteki son dúas webs interesantes para enviar as tarxetas por correo ou compartilas en redes sociais.
E, por suposto, hai moitas apps que nos axudan coas felicitacións de Nadal. Christsmasfy Me para iOS e Kisstmas para Android, permítennos crear divertidas felicitacións a partir das nosas fotos.


