Guía práctica | 4 apps para crear e compartir vídeos na rede

O vídeo é un dos contidos que mellor funciona na rede e hoxe para crealo e editalo só necesitamos un móbil e descargar a aplicación que máis nos guste. Dámosvos 4 ideas.

Instagram

Instagram

É a máis popular de todas. Podedes crear e editar contido de foto e vídeo con facilidade. 15 segundos son suficientes para transmitir a mensaxe que queredes enviarlle aos vosos seguidores. Podedes crear unha comunidade crecente de seguidores nesta rede social e conseguir contido de calidade para o blog ou as outras redes sociais.

Keek

Aplicación moi interesante para compartir vídeo. Podedes gravar coa cámara principal ou ca frontal, e compartir o vídeo en medios sociais con facilidade. Podedes engadir comentarios ou gardar os vídeos para publicalos no momento xusto.

Vine

Propiedade de Twitter, é unha das apps máis populares para crear e compartir vídeos curtos de 6 segundos que se reproducen en forma de loop (reprodución contínua). Os vídeos de Vine funcionan moi ben en Twitter pero é un contido que se convirte en viral, que se comparte con facilidade en calquera rede social.

Periscope

Periscope

Moi atentos a esta aplicación. Trátase dunha rede social na que compartir vídeos gravados co móvil que, entre outras cousas, permítenos compartir vídeos en directo mediante streaming. A aplicación notificará aos nosos seguidores de que estamos emitindo para que non perdan ningún dos nosos vídeos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.