Guía práctica | 5 consellos para navegar con seguridade

surfsecure

Esta semana estamos a falarvos de seguridade e privacidade na rede. Non é o primeiro post no que compartimos con vós unha lista de consellos sobre navegación segura pero non está de máis revisar a lista de precaucións básicas para evitar males maiores.

  1. Debedes ter instalado, e actualizado, un software de seguridade. Non poñemos antivirus para que non deixedes de ler. Evita a maior parte dos posibles problemas que podemos atoparnos na rede e non ten porque supoñer un gasto, podedes descargar antivirus gratuítos que funcionan ben.
  2. Coidade os contrasinais. No correo electrónico, nas redes sociais…, temos que usar contrasinais sólidos e seguros. Atentos á nosa sección de guías prácticas porque pronto vos axudaremos a crear contrasinais seguros. Mañá veremos unha lista do que non se debe facer.
  3. Coñecedes o HTTPS? É un protocolo de navegación segura. Un sitio é seguro se a URL da páxina comeza con https://. É importante coidar este aspecto, sobre todo, cando facemos unha compra online ou en xestións con entidades bancarias.
  4. Máis vale remitente coñecido. Convén ignorar ou incluso denunciar e bloquear as mensaxes de remitentes descoñecidos no correo electrónico ou nas redes sociais. Pode evitar casos de pishing (suplantación de identidade) e de roubo de información persoal, a entrada de virus, etc. É unha recomendación que debemos transmitir, sobre todo, aos máis pequenos da casa.
  5. Empregade unha rede wifi coñecida. Recordabámolo na guía práctica na que vos dabamos algúns consellos para garantir a privacidade nos dispositivos móbiles. É moi cómodo conectarse a redes de centros comerciais, bares… pero os paquetes de información transmitidos a través de conexións públicas poden ser roubados con facilidade. Tede coidado se ides mercar algo co móbil ou acceder á área persoal do voso banco.

Fonte: adslzone.net.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.