Guía práctica | AdWords Express: os anuncios de Google para negocios locais

AdWords_Express

Seguro que escoitastes falar de Google AdWords, os anuncios de Google que facilitan que unha empresa apareza nos primeiros postos dos resultados de busca. Pero ademais de AdWords, Google pon a disposición dos seus clientes AdWords Express. Son anuncios para empresas locais, para chegar a clientes que se atopen nun radio de entre 25 e 65 km na contorna da empresa. Porque os usuarios fan buscas online antes de visitar un negocio, aínda que se atope na súa propia cidade ou no seu propio barrio.

AdWords Express é unha ferramenta moi sinxela. Só tedes que escoller o voso público, escribir unha descrición da empresa e indicar canto queredes gastar. O anuncio aparecerá xunto aos resultados de busca de Google na web, nos dispositivos móbiles, en Google Maps e en sitios web asociados relevantes. Xeograficamente, o anuncio verase en calquera lugar no que un usuario indique na súa busca a vosa ubicación (tenda de música Santiago, por exemplo), ou cando estea preto da empresa.

Necesitades páxina web? Non. Podedes comezar con Google My Business do que xa vos falamos en Xente Dixital. E a gran preguna: canto custa? Iniciade sesión coa vosa conta de Google e facede clic en “obter unha estimación”. Google recomendaravos unha inversión segundo a categoría da empresa e a ubicación. Só pagaredes cando se faga clic no anuncio para obter máis información.

AdWords_Express2

Para rematar compartimos un caso de éxito dunha clínica dental en Madrid que empregou AdWords Express. Tede en conta que é un vídeo de Google sobre un servizo de Google e pensade se é a ferramenta de comunicación que máis lle convén ao voso negocio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.