Guía práctica | Check-in Foursquare

foursquare

Na nosa lista de guías prácticas faltábanos unha con 40 millóns de usuarios: Foursquare. Defínese como “aplicación gratuíta que che axuda a ti e aos teus amigos a tirar o máximo proveito do sitio onde estades”; aplicación porque ten sentido, sobre todo, no móbil ou na tablet. En Fousquare compartimos onde estamos e que facemos cos nosos amigos, e beneficiámonos de descontos e promocións exclusivos desta rede social. Repasamos as seccións máis importantes:

Amigos

Nesta pestana podemos ver onde fixeron check-in (a maneira de indicar que estamos nun sitio en Foursquare) os nosos amigos. Podemos visualizar os resultados por posición (os que están máis preto de nós) ou por data (os máis recentes). Pódense comentar os movementos dos nosos contactos.

Cantos máis check-in facemos máis badges (medallas) e alcaldías conseguimos, o que nos da dereito a descontos e promocións.

Explorar

Foursquare suxírenos restaurantes, cafeterías, locais nocturnos, tendas e opcións de entretemento. Podemos explorar por proximidade xeográfica, polo tipo de establecemento, ou ver suxerencias de lugares que ofrezan descontos e promocións.

Por facer

foursquare1

Sección interesante na que se recollen as tarefas pendentes e os lugares que descubrimos na aplicación pero que aínda non visitamos.

O meu perfil

Nesta sección temos acceso á nosa actividade en Foursquare. Información dos check-in feitos e dos badges e alcaldías conseguidos. Podemos comparar a nosa actividade coa dos nosos contactos, atender as peticións de amizade pendentes, etc.

Non esquezas que…

… como en todas as redes sociais, convén preocuparse por que fai Foursquare coa nosa información persoal. Botádelle un ollo á política de privacidade.

Enlaces:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.