Xa vos demos algunhas ideas para gañar seguidores en Facebook, Twitter e Google+. Para algunhas marcas Youtube é unha rede social fundamental. Queredes saber como poñedes gañar subscritores?
- Coidade os primeiros 15 segundos do vídeo que subides. Neste tempo decidimos se vemos un vídeo ou non.
- Non máis de 2 minutos. Un vídeo de máis de 2 minutos provoca que se perda boa parte da audiencia en vídeos de presentación da empresa, de novos produtos ou de explicación do funcionamento de produtos.
- Vídeos de calidade. Se é posible, debemos subir vídeos en alta definición de non menos de 1280×720 píxeles.
- Declaracións de clientes satisfeitos. Compartir un vídeo deste tipo axuda a aumentar e fidelizar audiencia en Youtube e noutras redes sociais.
- Vídeos explicativos de fabricación ou de uso de produtos. Non leva tanto tempo gravar e editar un vídeo sinxelo sobre o proceso de fabricación de produto ou dun produto en concreto en funcionamento. É a mellor maneira de tirar proveito desta rede social e de coidar a comunicación da marca na rede. Gañaremos prestixio e seguidores.
- Coidado cos títulos e as etiquetas. É fundamendal coidar título, descrición e etiquetas para o posicionamento do vídeo e da marca.
- Usar as listas de reproducción. Cómpre organizar os vídeos subidos en listas de reproducción que van a axudar aos usuarios a navegar pola nosa canle.
- Contidos para outras redes sociais. E para o blog corporativo ou a web. Temos que aproveitar os contidos subidos a Youtube e compartilos na web e en medios sociais. Se lles gustan os vídeos faranse subscritores da nosa canle.


