Xa comparamos as principais características de Blogger e wordpress.com e ensinámosvos a crear o voso blog en Blogger. Na guía práctica desta semana axudámosvos a crear un blog en WordPress en 7 sinxelos pasos.
- Tendes que ir a wordpress.com e rexistrarvos. Necesitaredes, coma sempre, nome de usuario, contrasinal e enderezo de correo electrónico.
- O seguinte é o rexistro do dominio do blog. Introducide a que quederes que sexa a URL do blog; diravos se está dispoñible ou non. Tendes a opción de mercar un dominio (www.ovosoblog.com) ou de optar por un dominio gratuíto que remate coa terminación .wordpress.com (www.ovosoblog.wordpress.com). Tamén deberedes definir título do blog, idioma e nivel de privacidade.
- Botádelle un ollo á pestana “settings” (axustes). Aquí podedes revisar nome, zona horaria, as opcións de visiualización dos posts, etc. É sinxelo e intuitivo.
- Escoller a plantilla. Na pestana “apariencia” escollede a plantilla para personalizar o deseño do voso blog. Podedes escoller entre máis opcións das que necesitades, gratuítas e de pago.
- Personalizar a cabeceira. Dependerá da plantilla, pero é boa idea escoller unha que vos permita personalizar a cabeceira: cambiar a imaxe que aparece na parte superior e introducir o voso logo.
- Configurar a barra lateral. Volvede a “apariencia” para colocar os widgets como prefirades. Permiten acceder ás distintas categorías de contido, visualizar as últimas actualizacións de redes sociais, etc.
- O “último paso” é administrar os usuarios. Se o blog é só voso só tendes que escoller un nome de usuario, e subir unha foto e un enderezo de correo electrónico. Se traballades en equipo podedes engadir novos usuarios e definir os seus roles (administrador, editor, creador de contidos, etc.).
Só queda acceder a “posts” e facer clic en “novo post” para empezar a publicar. Pronto volveremos ao blog que vimos de crear para escribir, engadir fotos, vídeos e ligazóns, e aclarar algunhas dúbidas importantes.
Fonte: desmarkt.com.


