Guía práctica | Crear un blog en Blogger

blogger_1623800_edit_html_en

Xa nos adentramos no mundo dos blogs comparando as principais características de Blogger e WordPress. A semana que vén ensinarémosvos a crear un blog en wordpress.com; antes toca explicar como crear ovosoblog.blogspot.com.

Crear o blog

Tendes que acceder á páxina principal de Blogger e iniciar sesión cos datos da vosa conta de gmail. Despois de aceptar as condicións de servizo temos que facer clic en “crear blog”. Antes de subir a nosa primeira entrada teremos que seleccionar un enderezo web (unha URL) e un título de blog, escoller unha plantilla e engadir a información de perfil.

Escribir unha entrada

Buscade a icona laranxa do lapis. Abrirase o editor de entradas no que teredes que engadir un título e o texto da entrada. Dispoñedes das opcións de formato de calquera procesador de textos; tamén podedes engadir links, imaxes e vídeos. Facede clic en “vista previa” antes de publicar.

Engadir imaxes e vídeos

Tendes que facer clic nas iconas correspondentes da barra de ferramentas do editor de entradas. Podedes subir imaxes e vídeos que teñades gardados no voso ordenador ou engadir a URL de imaxes da web. Poderedes seleccionar o tamaño e a colocación que máis vos interese. Lembrádevos de non compartir imaxes con dereitos de autor sen autorización.

Un truco que vos pode axudar é recurrir á busca avanzada de google. Na páxina principal do buscador, arriba á dereita atoparedes unha roda dentada da que se desprega a opción de busca avanzada. Na parte de abaixo da páxina poderedes facer unha busca aplicando filtros de dereitos de uso.

Personalizar

Dentro da pestana plantilla podedes escoller unha das moitas plantillas prederminadas ou atrevervos a facer clic en “Edit HTML”. Pódese personalizar o deseño do blog coa sinxela interface de arrastrar e soltar. Non vos esquezades de engadir gadgets para facer presentacións, enquisas a usuarios, etc.

Privacidade e permisos

Por defecto os blogs son públicos pero na pestana de configuración podemos seleccionar que sexan privados. Na sección “Lectores do blog” tendes que escoller se queredes que o lea “calquera” ou “só estos lectores”; para engadir lectores teredes que introducir os seus enderezos de correo electrónico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.