É unha das solucións máis doadas e efectivas que podedes atopar na rede. Non mentimos se dicimos que en 5 minutos teredes a vosa tenda en liña lista. Que teñades éxito dependerá dos produtos que subades e de como os promocionedes.
Rexistrádevos cun enderezo de correo e co nome da tenda. O seguinte paso é escoller entre as máis de 100 plantillas dispoñibles. Se tedes coñecementos de HTML e CSS podedes crear e usar un deseño personalizado.
Necesitaredes un dominio (avosatenda.gal, por exemplo), escoller un plan de pago e configurar a vosa tenda; que servizos ides ofrecer? É fundamental coidar os produtos que subides: nome, descrición e imaxe.
Os prezos de Shopify
Facede clic aquí para ver os distintos plans que podedes escoller. Podedes ter a vosa tenda dende 9$ ao mes. Canto máis paguedes, máis funcionalidades desbloqueades e menos comisión por transacción pagades.
Shopify é rápido e efectivo e conseguiredes un resultado profesional. Cóbrannos unha mensualidade e comisión por cada venta pero aforrades unha web de comercio electrónico e dos problemas técnicos encárganse outros. Se é a vosa primeira incursión no mundo do comercio electrónico, Shopify pode ser un bo primeiro paso.
Fonte: lancetalent.com.




Pingback: Guía práctica | Tendas en liña en Facebook - Xente Dixital