Guía práctica | Hootsuite

Hootsuite

Despois de moitas guías prácticas de redes sociais, hoxe compartimos con vós algunhas indicacións para o manexo de Hootsuite, unha das plataformas máis populares para a xestión de redes sociais.

Xestión de redes sociais e moito máis

Hootsuite permítevos agregar con facilidade distintas páxinas de Facebook, Twitter, Google+, LinkedIn, etc. Dende o panel de control poderedes programar tuits e publicacións de Facebook, monitorizar conversas, crear informes de resultados, etc. Que nos permite Hootsuite?

  • Responde nun só clic. Calquera membro da túa empresa pode responder nun só clic a mensaxes, mencións e comentarios dende o panel de control.
  • Programa as túas mensaxes en redes sociais. Publicas o contido que queres no momento que máis che convén. Resolve o traballo de publicación a primeira hora e durante o resto do día só terás que estar atento para responder o antes posible ás mensaxes que che escriban.
  • Respostas arquivadas. Garda respostas para preguntas habituais e que tes que responder todos os días do mesmo xeito.
  • Interactúa coa túa audiencia. Hootsuite permítenos segmentar a audiencia á que nos diriximos en función da súa ubicación, idioma, demografía, etc.

Por outra banda, Hootsuite permítenos axilizar os fluxos de traballo e repartir tarefas entre equipos e departamentos. Podes asignar tarefas, recibir notificacións, manter conversas internas, etc. Tamén podemos adaptar o tamaño do equipo de traballo con seguridade, podemos engadir empregados e clientes sen necesidade de compartir contrasinais.

Hootsuite Pro e Hootsuite Enterprise

A conta gratuíta permítevos xestionar ata 3 perfís sociais, programar mensaxes e crear informes básicos. Pero por pouco máis de 7€ ao mes xa podedes acceder a Hootsuite Pro: xestiona ata 100 redes sociais, programa con antelación ata 350 mensaxes e accede e comparte informes de analítica máis completos.

Hootsuite Enterprise ten un custo maior e está pensado para empresas grandes, organizacións e gobernos. Neste caso podedes engadir perfís sociais e membros de equipo sen límites.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.