Agora que xa descargastes a app e que xa sodes #igadictos, chega o momento de saber como vos pode axudar Instagram na vosa empresa. No blog todoinstagram.com dannos 5 motivos para usar Instagram en pequenos negocios.
- Competencia. Moitas das empresas da vosa competencia non comunican na rede e en redes sociais e, se o fan, farano en Facebook e Twitter. Instagram non deixa de gañar seguidores e alí non hai nin rastro da túa competencia.
- Comunidade activa. Os usuarios de Instagram son usuarios moi activos. É perfecta para invitar a compartir experiencias en forma de fotos e vídeos cos vosos produtos e empregando o hashtag que vós indiquedes: #somosxentedixital.
- Visibilidade. Seguro que sabedes que as publicacións que facedes en Facebook non chegan a todos os vosos seguidores; é Facebook quen decide a quen llas ensina en función da configuración de cada usuario, dos intereses, etc. En Instagram apareceredes na pestana de novidades de todos os vosos seguidores. Ocorre o mesmo nas buscas por hashtags.
- Localización. A través do mapa de fotos ou da sincronización con Foursquare poderán situarvos facilmente no mapa. É unha maneira eficaz de atraer clientes ao voso negocio.
- Contido web. Instagram é máis que unha app móbil. Cada perfil conta coa súa versión web (instagram.com/nomedeusuario) e ademais poden insertarse fotos e vídeos en páxinas web. Non é a primeira vez que recomendamos coidar a imaxe da marca como eixo fundamental da comunicación online.
Warby Parker como caso de éxito
No mesmo blog recollen algúns casos de éxito como o de Warby Parker: empresa formada por 4 amigos adicada á fabricación a man de gafas estilo vintage. Cada foto que publican gústalle a máis de 1.000 usuarios de media. Que tipo de fotos publican? Que información comparten?



