Guía práctica | Pasos para a creación da marca persoal

il3.ub.edu

Imagen il3.ub.edu

É certo. Non é nin a primeira nin a segunda vez que vos falamos sobre marca persoal. Explicámosvos que é e incluso vos demos 7 consellos para mellorala. Hoxe queremos compartir con vós que pasos debedes dar para a creación da vosa marca persoal. Que tedes que facer para construír o voso perfil profesional na rede?

Antes de nada lembrar que coidar a nosa marca persoal permítenos darnos a coñecer, diferenciarnos, atopar socios, colaboradores e clientes, e a promoción dos nosos proxectos e da nosa empresa.

  • Quen son e que quero contar. O primeiro é definir se queredes promocionar a vosa empresa ou queredes darvos a coñecer como profesionais. Que queredes contar e a que público queredes chegar? En canto o definades damos o seguinte paso.
  • Escollede un nome. Non é o máis importante pero é importante. Se pode ser, escollede un nome (ou palabra clave) que vos axude a posicionar a vosa marca.
  • Necesitades unha web ou un blog. Un sitio onde contar quen sodes e publicar contido interesante que compartir en redes sociais. Hai plataformas gratuítas das que podedes tirar proveito. En Xente Dixital falámosvos das diferenzas entre WordPress e Blogger e profundizamos no universo WordPress.
  • É o momento de escoller redes sociais. No blog xa responderamos á pregunta de se necesitamos estar en todas as redes sociais. Facebook é útil para case todas as empresas na rede, para Twitter necesitades publicar máis contido e estar moi conectados coa actualidade e Google+ é fundamental para posicionar. Xerades moito contido multimedia? Mellor Pinterest ou Instagram? Youtube ou Vimeo?
  • Coidar a imaxe é fundamental. Por 200€ aproximadamente podemos encargar un logotipo que nos vai axudar a coidar a imaxe da nosa marca na rede. E se podemos usar deseños e fotos de calidade os resultados van a ser moito mellores.

Algún paso que non deramos? Facede un comentario e compartide a vosa experiencia con nós. Que erros e acertos cometestes?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.