Guía práctica | Pinterest para tendas en liña

PInterest business

En Xente Dixital xa abrimos unha conta en Pinterest e repasamos os conceptos básicos: dashboard, categoría, pin, taboleiro e perfil. Pero sabiades que Pinterest é unha das redes sociais máis recomendadas para as tendas en liña? Dámosvos algúns consellos interesantes:

  • Crea unha conta business. Pinterest permítenos crear contas de negocios con funcionalidades específicas para a promoción dos produtos da nosa tenda.
  • Coida a imaxe. Triunfar en Pinterest é igual a coidar as imaxes que subimos e compartimos. Aínda que non o creades, hai estudos que demostran que as imaxes máis pineadas son as que teñen moitas cores, unha luz media, menos dun 10% de área de fondo e as que non teñen caras.
  • Non publiques só imaxes de produtos. Trátase de chamar a atención dos potenciais clientes publicando imaxes de produtos e, sobre todo, contido relacionado de interese. Un vídeo interesante ou unha foto curiosa, por exemplo, vannos axudar a que medre a nosa comunidade en Pinterest e a aumentar o tráfico á páxina web.
  • Coida a organización dos taboleiros. Convén agrupar os distintos tipos de produtos en taboleiros diferentes. É unha maneira de ofrecer contido diferenciado para cada tipo de usuario. Ademais, lembrade que en Pinterest podedes seguir a un usuario ou marca ou a algún dos seus taboleiros.
  • Engade o botón de pin it ou un widget na páxina web. Os pins de Pinterest deben levar unha descrición e un enlace á páxina web ou a tenda online. E ao revés; debemos ofrecerlle aos usuarios que visitan a páxina a posibilidade de compartir contido en Pinterest e de ver unha pequena parte da nosa actividade nesa rede social a través dun widget.
  • Consulta as estatísticas. Despois de verificar a web poderemos acceder ao panel de análisis de Pinterest. Que contido resulta máis interesante? Como medra a nosa comunidade?

Non esquezas que…

… como sempre vos dicimos, é obrigatorio consultar a política de privacidade. Aquí responden a preguntas como que información recollen e como a usan. Atentos porque tamén depende de nós que información compartimos e como o facemos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.